Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz propón un taller para aprender a realizar trámites on line

Por 11 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz propón un taller para aprender a realizar trámites en liña coa Administración.

Este curso será na Aula Cemit os días 16, 18, 23, 25 e 30 de xuño en horario de 16.30 a 18.30 horas.

Para participar é necesario anotarse antes do luns 15 ben por correo electrónico en cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 370 062.

Os contidos deste curso serán explicar que é a Administración electrónica, coñecer os distintos métodos de identificación electrónica como a Clave Pin, Clave permente, o certificado dixital e o DNIe.

Tamén se amosarán os diferentes trámites que ofrecen as Administracións públicas e como se realizan.