Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz envía máscaras infantís por correo

Por 11 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz iniciou hoxe o reparto de 476 máscaras infantís que están dirixidas a todos os menores de 14 anos do municipio. O envío farase por correo ordinario para chegar directamente ás casas.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou que “o obxectivo deste reparto é que os nosos nenos e nenas poidan usar sempre a súa máscara adaptada agora que o verán está a volta da esquina e que van a comezar os campamentos e as actividades de conciliación”.