Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Asimado un convenio para realizar exames universitarios na aula Cemit de Guitiriz

Por 11 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz asinou un convenio de colaboración coa Amtega, a Fegamp e as diferentes universidades galegas para que o alumnado con dificultades para examinarse online desde os seus fogares poida facelo na Aula CeMIT de Guitiriz, do 15 de xuño ao 31 de xullo.

O alumnado interesado en acudir e esta aula deberá rexistrarse como usuario da Rede CeMIT na web cemit.xunta.gal. Ao finalizar o proceso, remitirase un correo electrónico coa confirmación do alta e o nome de usuario e o contrasinal. A continuación deberá solicitar a reserva de praza para poder realizar o exame na aula CeMIT de Guitiriz cunha  semana de antelación, enviando correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, explicou que “é un acordo moi importante para poder facer fronte á fenda dixital que existe a día de hoxe e que todos os alumnos e alumnas poidan ter as mesmas oportunidades”.