Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Escola de Música de Guitiriz abre o prazo de matrícula para o novo curso

Por 23 Xuño, 2020Sin comentarios

A Escola de Música Municipal de Guitiriz ten aberto o prazo de reserva de prazas e de novas matrículas para o curso 2020-2021.

Pódese facer ata o 30 de xuño cubrindo de xeito online un formulario (https://forms.gle/kzUbMsCwfDDTS789A) e realizando o pago na conta ABANCA ES20 2080 0122 4631 1000 0022. O importe para os empadronados en Guitiriz é de 50 euros e para os non empadronados custa 75 euros.

As especialidades nas que se poderán anotar os alumnos e alumnas son: vento madeira (clarinete, saxo, frauta traveseira), vento metal (trompeta, trombón, bombardino, tuba), percusión, guitarra, acordeón, piano, gaita e iniciación musical.

Para máis información ou ante calquera dúbida co pago ou o formulario pódese acudir ao Concello solicitando cita previa no 982 370 109 ou chamar á Escola de Música no 698 107 179.