Skip to main content
ActualidadeVilalba

Agustín Baamonde acusa ao Goberno de Vilalba de non tomar decisións

Por 9 Xuño, 2020Sin comentarios

O voceiro do grupo municipal do PP e ex alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, demanda ao goberno urxencia na tramitación dos “grandes proxectos, dos que nada se sabe polo que parece que o principal problema é a falta de decisión”.

Baamonde asegurou que hai unha serie de cuestións que estaban na axenda do PSOE e que foron o eixe do seu programa electoral “e dos que aínda non deron unha pista, non se sabe nada e non se ve que fagan ningún avance”. De feito, asegurou que “non se pode pedir que o fagan todo nun ano xa que algúns no chega unha lexislatura para rematalo, pero o problema é que non da un indicio ou un avance do que queren facer”.

O voceiro popular referiuse á ausencia da RPT, “que está a causar moitos problemas na xestión do Concello e que perxudica ao goberno”. Nesta mesma categoría inclúe o PXOM. “Levamos un ano de goberno e nada se sabe polo que o proceso non só é lento, é desesperante. Está claro que ao próximo Pleno non vai ir”.

Tamén fixo referencia a outros temas de importancia non concello, como o centro de día, a peonalización, a depuradora e a canceira, “que non sabemos se se resolverán algún día e iso que eles mesmos os calificaron de urxentes e aínda non temos nin un asomo de cal será o proxecto”. Asegura que “dilatan o tempo con estudos como o de mobilidade pero non se ven solucións nin pasos adiante”.

Baamonde tamén fixo referencia á elección dos pedáneos. “Durnate anos recriminaron que a elección dos pedáneas facíase de maneira directa e eles se comprometeron a facer unha elección democrática de consulta ao vecindario. Fai uns días publicaron a orde designado a 13 pedáneos por decreto de Alcaldía”, explican. Baamonde alega que é o procedemnto legal e correcto “pero non se pode estar censurando ano tras ano e logo facer o mesmo”.

Conclúe o voceiro popular sinalando que “do cambio que predicaban non se sabe nada”.