Skip to main content
ActualidadeVilalba

PSOE e Vilalba Aberta rompen o pacto de Goberno

Por 10 Xuño, 2020Sin comentarios

O Partido Socialista de Vilalba anunciou esta noite a través dun comunicado a ruptura do pacto de Goberno con Vilalba Aberta tras asinar “o cese do edil Modesto Renda Santiso, da formación Vilalba Aberta, revogando a súa delegación de goberno de Turismo e Promoción do Comercio Local, “motivado por unha perda de confianza”.

Segundo indican os socialistas ofreceron ao grupo manter o pacto de goberno asumindo as competencias de Modesto Renda outra persoa pero a proposta foi rexeitada, tal e como explican.

Pola súa banda, Vilalba Aberta tamén fixo un comunicado similar no que tamén dá por finalizado o acordo de goberno logo da “decisión unilateral da Alcaldía” de prescindir de Modesto Renda. Esta decisión foi tomada tralo acordo da asamblea e informarán da mesma nunha rolda de prensa este xoves.