Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Pleno de Vilalba aproba o pago das primeiras matrículas no conservatorio e fai outras rebaixas

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de aprobar a modificación da ordenanza fiscal número 36, reguladora da taxa por prestación do servizo do Conservatorio Profesional de Música co obxectivo de fomentar o inicio da formación musical e manter ao alumnado inscrito cunha axuda ás familias nesta crise económica derivada da pandemia da COVID-19. En concreto, procederase á supresión da taxa por matriculación ás primeiras matrículas do alumnado presencial de Vilalba, que corresponde con 1º de Grao Elemental, e tamén á redución dun 40% nas taxas vixentes de matriculación dos demais cursos dos Graos Elemental e Profesional ao alumnado das mesmas características.

Segundo afirmou en sesión plenaria a edil de Cultura, Vanesa Siso, “a incertidume sobre como será a volta ás aulas é evidente, pero máis aínda naquelas formacións non obrigatorias”, polo que entenden desde o goberno socialista que “debemos fomentar e garantir esta aprendizaxe no eido musical, axudar ás familias para a continuación dos estudos musicais neste contexto de crise económica e incentivar que novas alumnas e alumnos de Vilalba se decidan a comezar os seus estudos no Conservatorio, sendo o primeiro ano gratuíta a súa matrícula”, subliñou.

A proposta presentada en pleno e aprobada pola unanimidade da Corporación foi analizada mediante un estudo económico para valorar a viabilidade da súa posta en marcha, “cuestión que asumimos nunha aposta decidida polo fomento da formación musical”, concluíu.

MOCIÓNS ECONÓMICAS

O Pleno tamén aprobou a moción do grupo agora na oposición de Vilalba Aberta consistente nun plan de axuda a autónomos e a pemes por valor de medio millón de euros.

Trátase dun plan elaborado durante o seu tempo no Goberno local e que non logrou presentar aínda.

Vilalba Aberta, que conta con dous concelleiros, logrou sacar adiante o plan cos seus votos a favor e a abstención do PSOE, que pola súa banda, insistiu na necesidade de formar unha cosión que estudie a viabilidade do plan. Tamén abstívose o PP polo que contou coa súa aprobación, tras dúas votacións na que  os concelleiros do PP non votaron igual, xa que dous fixérono en contra de dous abstivéronse.

PSOE e Vilalba Aberta coincidiron no rexeitamento á proposta coa que o PP pretendía a aprobación dun plan de reactivación económica dotado con catro millóns de euros, que se lograrían por varias procedencias (o Plan Único, da Deputación; o Plan de Cooperación Local, da Xunta; os orzamentos deste ano, aínda sen aprobar, e remanentes de tesourería do Concello). O concelleiro Luís Fernández afirmou que esa formulación, se se aprobase, acabaría comprometendo a solvencia da economía municipal e a capacidade de realizar investimentos.

APROBADOS

Tamén foron aprobadas outras medidas como o inicio do trámite para que a casa da cultura local pase a levar o nome do poeta Manuel María. Foi aprobada cos votos a favor de PSOE e Vilalba Aberta e a abstención do PP.

Tamén foi aprobada la petición dunha subvención ao Idae para o cmabio de luminarias, a ampliación do parque infantil da praza da Constutición e os accesos en Rioaveso.