Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre a inscricións para os campamentos de verán de Vilalba

Por 25 Xuño, 2020Sin comentarios

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Vilalba anuncia unha nova edición dos campamentos de verán para os meses de xullo e agosto.

O obxectivo é facilitar ás familias a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, ademais de ocupar de forma activa e educativa o tempo de lecer dos máis pequenos e pequenas. Estes campamentos están dirixidos a persoas nadas entre os anos 2008 e 2015, dividindo dúas quendas de 45 prazas cada unha: o primeiro desde o 13 ata o 31 de xullo e o segundo desde o 3 ata o 21 de agosto, en horario de 9:00h a 14:00h.

O programa de actividades está adaptado a estas idades e á nova situació sanitaria, compoñéndose principalmente de obradoiros, manualidades, actividades deportivas, culturais, excursións, actividades acuáticas, de animación ou recreativas.

O período de inscrición para os campamentos estará aberto desde o 22 de xuño ata o 3 de xullo. Para facer a inscrición, priorizarase de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Vilalba. Tamén será posible facelo de forma presencial na Oficina de Deportes do Concello (10 a 14h), previa cita (sede electrónica ou no teléfono 982510761- Deportes).