Skip to main content
ActualidadeXermade

Convocada unha nova edición do VII Premio Xermade na Historia

Por 3 Xuño, 2020Sin comentarios

Una noa máis, a Xunta de Goberno local de Xermade deu o visto bo a unha nova edición do Premio de Investigación Xermade na Historia, que organizan conxuntamente o Concello, a asociación de veciños de Cabreiros e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, co patrocinio da Deputación de Lugo por sétimo ano consecutivo.

Xa está aberto o prazo para presentar os traballos e este manterase ata o 19 de febreiro de 2021. Así mesmo, mantense un premio de 2.000 euros para o primeiro e un segundo galardón dotado con 1.000 euros. Os interesados en participar poderán facelo tanto de xeito individual como colectivo e con cantos traballos queiran presentar, sempre que estes versen sobre temas relacionados co patrimonio etnográfico e cultural de Xermade: tradicións, ritos, festas, arte popular, memoria histórica, costumes, arquitectura, etc.

A organizació establece tamén unha extensión mínima de 50 folios e un máximo de 400 e deberán estar escritos en galego.

As investigacións deben remitirse por correo ao rexistro municipal e presentarse en impresos tamaño folio e cunha copia dixitalizada en CD. Irán acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor ou autores, así coma o seu currículum vitae, e do modelo de presentación que pode atoparse na web municipal, www.xermade.org, debidamente cuberto.

A organización resérvase o dereito de editar as obras gañadoras, tal e como xa fixo coas de edicións anteriores. Pendente de publicar está a obra gañadora da sexta edición, un traballo de Rafael Quintía que repasa a tradición do Entroido no municipio ao longo do século XX. O ditame do xurado, reunido por vía telemática, fíxose público a comezos de abril.