Skip to main content
Actualidade

Sanidade confirma 26 casos de coronavirus máis vinculados ao brote da Mariña

Por 4 Xullo, 2020Sin comentarios

A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas ata esta mañá, confírmanse outros 26 casos positivos de persoas afectadas por covid-19 no brote de A Mariña, o que eleva a 85 o número total de casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

A estes hai que sumar co que se pecharon as cifras da última xornada e que situaban á provincia con dez casos máis que a xornada anterior, aos que había que sumar todos os detetados esta mañá.

Aínda así, o presidente da Xunta indicou que non hai intención de retroceder a fase 2 e que o brote na Mariña está controlado. Aínda así recomenda estremar as precaucións. De feito, os bares de Burela nos que se supón que se orixinou o contaxio están pechados, os colexios electorais están a modificar programa e os partidos, agás o PP, suspenderon a campaña electoral na zona.

O primeiro caso de infección por Covid-19 detectouse na tarde do martes 23 de xuño. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Ata o momento, mediante as probas realizadas confírmase a existencia de 85 positivos en covid-19 relacionados con este brote.

Dos 85 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro persoas con resultado positivo están ingresadas no Hospital Público da Mariña. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. A Consellería de Sanidade segue a investigar posibles contactos dos novos positivos que van xurdindo.Mentres tanto, en Lugo os falecementos seguen en 28, hai xa 931 persoas que superaron a enfermidade e os casos en histórico están xa en 1.046.

Mentres tanto, os datos xerais de Galicia seguen a bajar, malia o salto experimentado en Lugo que de todos os xeitos será efectivo nas cifras de mañá xa que unha gran parte dos positivos son da xornada de hoxe.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 279, deles 50 son da área da Coruña, 87 da de Lugo, 10 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 275 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.722 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

A Consellería de Sanidade reitera á cidadanía que empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 881 00 20 21 para persoas de fóra da comunidade autónoma que visiten Galicia e desexen consultar dúbidas ou sintomatoloxía relacionada coa covid-19.