Skip to main content
Actualidade

Cancelados o XV Criterium Aeronáutico e a XXXVII Volta Aérea a Galicia

Por 13 Xullo, 2020Sin comentarios

OReal Aeroclub de Lugo informou a través dun comunicado nas súas redes sociais da suspensión da XV edición do Criterium Aeronáutico e a XXXVII Volta Aérea a Galicia-Vuelta Aérea Galaico-Duriense, que cada ano se celebra coincidindo en datas cercanas co festivo do Santiago Apóstol.

“Nos entristece profundamente ter que anunciar esta cancelación despois de tanto traballo e esforzo para a planificación do evento, con todo consideramos máis importante previr a propagación do covid-19 e protexer tanto á organización como aos asistentes que ano tras ano nos acompañan na nosa cita aeronáutica de Rozas”, dicen.

Aínda así, non descartan aprazar o evento e realizalo nos meses vindeiros, con todo sempre dependendo da situación epidemiolóxica. En caso de poder realizalo este ano comunicarano o antes posible.