Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Deputación destina 15.000 euros a Ourol para o IX Festival do Aturuxo

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración da institución provincial con este municipio para a celebración do IX Festival do Aturuxo, na parroquia de Santiago de Bravos. A través deste convenio, a Deputación achega 15.000 euros para colaborar no financiamento desta cita musical, que, por mor da crise sanitaria da COVID-19, quedou aprazada ata despois do verán.

José Tomé destacou a importancia de manter este tipo de colaboración cos concellos e co tecido asociativo da provincia, sobre todo neste momento de crise provocada polo coronavirus, no que é máis necesario impulsar iniciativas que contribúan a dinamizar a economía e o turismo.

Este é precisamente o obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol, ademais de poñer en valor a  cultura galega, pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.

Este evento estaba previsto para o vindeiro 31 de xullo e 1 de agosto, pero dende a organización decidiron aprazar as datas de celebración esperando que poida realizarse unha vez pasada a época estival e establecendo todas as condicións de prevención e seguridade necesarias para o público asistente, músicos e voluntarios que participan nesta cita.