Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Volven os obradoiros de artesanía Os Muiños de Mondoñedo

Por 25 Xullo, 2020Sin comentarios

Xa se pode visitar os obradoiros de artesanía de Mondoñedo que abren novamente as súas portas para convidar ao mundo das cores e do facer tradicional.

Hai diferentes horarios durante o verán e pódese consultar con cada un as opcións de visitas para grupos.

Así, os luns e martes haberá cantería e alfar, os mércores cantería, alfar e serigrafía, os xoves, venres e sábado cantería, alfar, serigrafía e títeres e os domingos títeres e arte en ferro.

Por outra banda todos os días haberá o de palleteiro e poderase visitar o Museo das Zocas.

Para información xeral haberá que chamar ao 982 507 177, para Punteiradas Viladepedra- Fernando Vilariño 678 990 683, Estudio Estampa 640 264 588, As Formas da Terra 652 328 194, Artesáns do Pasatempo 609 743 164, Mircromina 617 353 140, Arte en Ferro 697 559 710, Palleteiro 644 852 666 e Museo das Zocas 644808811.