Skip to main content
ActualidadeCospeito

Fernán Vello pon en valor a importancia ecolóxica que ten a Lagoa de Cospeito

Por 10 Xullo, 2020Sin comentarios

Nun encontro cos seus veciños, consistente nunha charla e un paseo polo espazo natural da Lagoa de Cospeito, Miguel Anxo Fernán Vello asegurou que “Galicia en Común considera que a Lagoa de Cospeito como un dos humidais máis importantes de Galicia, con máis biodiversidade e máis riqueza natural”, e que polo tanto” hai que pór en valor a importancia no plano ecolóxico que ten a lagoa, seguir vixiando os verquidos de augas residuais e manter a protección do espazo contra todo tipo de agresións urbanísticas e especulativas.”

Para o candidato por Lugo de Galicia en Común “a posta en valor da Lagoa de Cospeito supón un atractivo potencial para o turismo verde e o ecoturismo, unha forma de turismo alternativa que respecta o medio ambiente”. Esta forma de turismo, engadiu, “permite a restauración e o mantemento do patrimonio natural que desde Galicia en Común asociamos tamén ao patrimonio cultural. Esto supón un foco de mellora da economía para lugares como Cospeito e para toda a bisbarra e a Terra Chá.”

En canto ás propostas concretas de Galicia En Común desde unha responsabilidade de goberno, MIguel Anxo Fernán Vello asegurou que o seu programa “prevé a restauración inmediata da Torre da Calda Loba, que neste momento é un punto vermello do patrimonio histórico de Galicia porque está en franco risco de derrubo”.