Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Chintofanería celebra na Pastoriza un campamento de verán

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

A Anpa do colexio O Salvador da Pastoriza e A Chintofanería de Pol celebrarán un ano máis un campamento de verán co título Educación na Natureza.

Este terá lugar entre o 15 e o 31 de xullo, de 10.90 a 14.00 horas dispoñendo de servizo de madrugadores dende as 9.00 horas. Este campamento ten o obxectivo de formar aos pequenos no mundo natural para o que serán organziados en tres grupos segundo a súa idade.

Os interesados en anotarse teñen de prazo ata o 10 de xullo e poderán facelo solicitando o formulario no teléfono 650 032 194.

O prezo para a quincena completa será de 90 euros pero poderá facerse por día soltos a dez euros por día ou en distintos bloques con prezos entre 25 e 45 euros.

Os cativos participantes, que serán recollidos e entregados no teleclube de Bretoña, terán que levar unha merenda da casa que non poderá ser ompartidos, ademais dunha mochila, gorra e crema solar, así como dúas mudas completas que deixaran no teleclube.