Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza acollerá o día 1 de agosto a terceira proba do campionato galego de kárting

Por 22 Xullo, 2020Sin comentarios

O ciruíto da Pastoriza acollerá o sábado 1 de agosto a terceira carreira do Campionato Galego de Kárting que tiña que comezarse en marzo pero que foi aprazado por mor do coronavirus.

No primeiro calendario da competición, o campionato tiña que celebrarse o 7 de xuño pero finalmente foi aprazado e se celebrará o día 1 de agosto, con catro probas para a conclusión do campionato.

Xa tivo lugar a primeira proba da competición, no circuíto da Madalena en Forcarei, no que destacaron os pilotos composteláns, aínda que non foron os únicos pois tamén o fixeron as elevadas temperaturas do circuíto de Pontevedra.

O compostelán Roi Sánchez fixo a pole e bateu o récord do circuíto con 53,4 segundos gañando a semifinal e quedando de segundo na final. Pola súa banda, o tamén compostelán e irmán do anterior, Hugo Sánchez, quedou primeiro na loita por facerse coa pole e conseguiu finalizar segundo a semifinal e a final.

Manu Míguez quedou segundo na crono por culpa dunha saída de pista e na semifinal foi sancionado porque non lle arrincou o coche. Aínda así, saíndo de último protagonizou unha espectacular remontada que lle permitiu acabar primeiro na final.

Na clasificación xeral, cando levan disputadas as dúas primeiras probas, a táboa queda da seguinte maneira para os representantes composteláns: Hugo ocupa o posto de líder na categoría de cadetes, mentres que na categoría de alevíns o que manda é Roi, seguido por Manu, protagonizando así un dobrete santiagués nesta categoría.