Skip to main content
A PastorizaActualidadeMurasVilalba

Vilalba Aberta celebra o 25 de xullo cunha charla sobre municipalismo

Por 23 Xullo, 2020Sin comentarios

Vilalba Aberta vén de anunciar a celebración dunha nova entrega da súa xeira Conversas Abertas. Unha palestra programada para ás 17h deste venres día 24 de Xullo que, enmarcada na xornada de reivindicación do 25X, se emitirá “por responsabilidade” en directo a través de Facebook Live e pola vía do directo de Instagram.

O coloquio, que integra a coñecidos referentes municipais do BNG, xuntará nos xardíns do Hostal Restaurante Terra Chá ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo; ao voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda; á edil de Cultura no Concello de Ribadeo, Pilar Otero; e á representante do BNG no Goberno Municipal da Pastoriza, Rocío López Pacio.

“Pretendemos situar a Vilalba no marco das cidades e vilas que acollen actividades e festexos, co gallo da celebración do día de todos os galegos/as”, declarou a edil e vicevoceira municipal da formación, María Xosé Fernández.

Unha opinión compartida polo seu compañeiro e voceiro municipal de Vilalba Aberta, Modesto Renda, que puxo en valor o carácter “inclusivo, aberto e plural” dun acto “deseñado a fin do necesario debate ao respecto da importancia do municipalismo e do rural de cara á construción dunha Vilalba e un País distintos”

Neste senso, e “de acordo co marco de recomendacións das autoridades sanitarias”, Vilalba Aberta permitirá un aforo físico limitado a un máximo de 20 persoas (por orde de chegada), sendo obrigatorio o uso de máscara para acceder ao espazo (aberto) delimitado.