Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Casa da Cultura da Pastoriza acolle a exposición de Pablo Sáez

Por 24 Xullo, 2020Sin comentarios

O Fogar de Maeloc na Pastoriza avén de comunicar que xa se pode visitar a exposición de gravado e pintura do artista Pablo Sáez.

Poderase visitar de luns a venres e ata o 9 de agosto, en horario de 9.30 a 18.00 horas na sala de usos múltiples da Casa da Cultura da Pastoriza.

Pablo Sáez é un artista madrileño cunha dilatada traxectoria na pintura al óleo e acrílica, mais a súa dedicación maior dende sempre orientouse ao gravado. Formado na Escola de Bellas Artes de San Fernando e na Escola de Artes e Oficios de Barcelona, monta o seu obradoiro na súa propia casa xa de volta en Madrid nos anos 80, onde desenvolve proxectos de gravado tanto en relieve como en oco, especializándose no traballo có buril.