Skip to main content
ActualidadeVilalba

Os Populares percorren Vilalba facendo campaña

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

O voceiro do PPdeG no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, destacou este martes en Vilalba que “o feito, máis o que queda por facer, avalían a estabilidade, xestión e experiencia do Goberno de Feijóo”. Así o indicou durante un percorrido pola casco urbano da capital da Terra Chá, no que estivo acompañado dos candidatos por Lugo, José Manuel Balseiro e Sándra Vázquez, ademais de por membros do Grupo Municipal local.

“Estamos escoitando á xente que está profundamente preocupada polo que está pasado, en parte polo virus que, a nivel sanitario, está máis superado pero non a nivel económico, xa que a pandemia trae un parón da economía impresionante”. Por este motivo, Puy apelou á unidade que ofrece o candidato do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para “sacar o país adiante e apoiar á xente que xera emprego” e iso, dixo, “só se pode facer cun goberno no que para gobernar non teñan que andar negociando uns cos outros, pois xa vimos noutras administracións que non son gobernos eficaces”.

A este respecto, trasladou aos vilalbeses a importancia de que o 12 de xullo apoien a Núñez Feijóo “para seguir dando aos galegos confianza, certezas e estabilidade”. Todo, indicou, “baixo o paraugas dun presidente que goberna pero tamén xestiona, que cumpre a súa palabra e que traduce o dito en feitos”.