Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba mellorará os accesos do barrio da Frouxeira

Por 21 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba acometerá a mellora dos accesos ao barrio da Frouxeira, situado na parroquia de Sancovade, una obra que contará cun orzamento de 103.000 euros.

As obras previstas contemplan un tramo de 2.375 metros de longo e 4,70 de ancho da vía municipal que vai desde a estrada Vilalba- Paraxes (LU-120) ata a intersección con outra vía local en O Cotarón, tamén en Sancovade, pasando polos barrios da Teixeira e Padronelo.

En principio, os traballos terán un prazo de execución dun mes e consistirán nos labores de limpeza de noiros, regularización da superficie da calzada e a execución dunha nova capa de rodadura a base de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. Completarse a intervención coa instalación da correspondente sinalización horizontal e vertical.