Skip to main content
ActualidadeVilalbaXermade

Dous contaxios novos en Xermade mentres na Mariña e Galicia seguen a baixar os casos

Por 19 Xullo, 2020Sin comentarios

Nas últimas horas reduciuse noutros 7 o número de casos activos relacionados co brote de covid-19 que afecta ao distrito sanitario da Mariña. Con estas 7 altas nas últimas horas, o número de casos activos é de 112, ao non terse rexistrado ningún novo caso. Das 63 PCR realizadas nas últimas horas a persoas relacionadas con este brote, ningunha arroxou resultado positivo.

Os últimos positivos detectados nesta área están relacionados co brote, o que permite seguir a trazabilidade dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar a transmisión e conter o brote.

Dos 112 casos activos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro persoas con covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorable. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 424  persoas en seguimento domiciliario, 35 menos ca onte.

Co respecta aos casos detectados en Vilalba, dúas persoas residentes en Cabreiros e vinculadas a esta familia afectada, deron positivo tamén e con sintomatoloxía moi leve seguen confinados no seu domicilio polo que xa son 6 os casos na zona.

No cómputo total da provincia hoxe hai 139 casos activos, 9 menos que onte, dos cales 135 están na súa casa a pasar a enfermidade. Ademais seguen contabilizados 28 falecementos así como 1.063 altas (doce más que onte) cun total de acumulado de 1.230.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 207, 11 menos que onte. Deles 30 son da área da Coruña, 139 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 7 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 199 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.070 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.