Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Iescha proxecta en Vilalba o 28 a película 'María Solinha'

Por 15 Xullo, 2020Sin comentarios

O martes 28 de xullo de 2020, ás 22:30 horas, na praza da Constitución de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos e a Vicepresidencia-Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, e coa loxística da produtora do film, Vía Láctea, organiza a proxección da película María Solinha, do director Ignacio Vilar.
Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.