Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade convoca un concurso para os alumnos do colexio

Por 2 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade convidou a todo o alumnado do Ceip de Xermade a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica, no que expresen a forma de ver a actual situación xerada polo covid-19: como viviviron o confinamento, as fases da desescalada, ou como se imaxinan o futuro.

Só por participar, todos recibirán como agasallo un vale de 20 euros para gastar en material escolar. Ademais, establécense tres categorías de premiados con tres gañadores. Así, para o alumnado de infantil e primeiro curso de primaria o concurso será de debuxo e os premios oscilarán entre os 50 e so 20 euros.

En conto galego haberá dúas categorías, dende segundo a cuarto, unha segunda cos maiores. Haberá neste caso tres premios tamén con vales de 70, 50 e 25 euros.

A participación para o concurso estará aberta do 1 ao 20 de xullo e os traballos hai que entregalos no propio concello. A entrega realizarase o 17 de agosto.