Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade presenta a listaxe de obras e actuacións ás que destinar o Plan Único

Por 3 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade presentou a solicitude de participación no Plan Único de cooperación cos concellos para o ano 2020, correspondente ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 306.454,43 euros, dos cales o Concello decidiu adicar a investimentos 205.520,67 euros (o 67,06% do plan), e o resto aos programas de cultura, deportes, SAF, Protección Civil, fomento de emprego e gastos correntes derivados da covid-19.

Tanto no programa de investimentos como no resto de programas se inclúen actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.

En investimentos destínanse 220.845, 87 euros, dos cales a partida de maior trascendencia destinarase á mellora do firm en Buscalte, Roupar, Bidueiras, Souto, Aguillón, Pena, Corveira, Sanche, Leboré, Folgueiras e Seixido que teñen 91.310 euros de orzamento total.

Ademais investirase na reforma da escola unitaria de Cazás, a mellora de equipamentos en Momán e no polideportivo de Xermade, reposición de lumanarias en Lousada, Burgás e Cazás, novos nichos no cemiterio e mellora de beirarrúas en Roupar e na zona de xogos infantís de Xermade.

Para o Servizo de Axuda no Fogar destinan 23.403,58 euros e para o programa de Fomento do Emprego irán 59.578,14 euros.

Tamén haberá partidas máis pequenas para o VI Premio Xermade na Historia, o programa de deporte escolar e de envellecemento activo, equipamento para Protección Civil e para sufragar a compra de máscaras, luvas e produtos desinfectantes , así como a adaptación dos locais públicos para a protección contra o covid-19.