Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Estrea dun documental de Kiko Varela sobre Santa Comba da Órrea

Por 5 Agosto, 2020Sin comentarios

A igrexa de Santa Comba da Órrea acollerá o sábado 8 de agosto a estrea do docuental Santa Comba da Órrea á vista do lamego, un documental que realiza unha viaxe aérea pola parroquia e a súa realidade actual.

Esta peza está producida pola propia asociación de veciños e realizado por Kiko Varela.

A estrea terá lugar ás dez da noite no adro da igrexa e para asitir será obrigado o uso da máscara así como gardar a distancia de seguridade. Ao finalizar a sesión entregarase unha copia do documental así como doutros producidos pola asociacion de veciños que poderán levar para casa.

Trátase dunha actividade englobada dentro da programación das festas de este ano que perderán o seu aspecto habitual por mor do coronavirus.