Skip to main content
Actualidade

Conclúen as obras da avenida Galicia das Pontes

Por 1 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de As Pontes deu por concluídas hoxe as obras da terceira fase da rehabilitación da avenida de Galicia, no tramo comprendio entre a Praza do Hospital e a Pontes Isabel II, coa apertura do viario, a primeira hora da mañá, ao tráfico rodado.
O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 227.563,67 euros, permitiu daralle continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesiblidade do centro urbano, tras a renovación da praza do Hospital e as obras da primeira fase e segunda fase da avenida de Galicia, garantindo a calidade de vida da veciñanza, gañando en seguridade e comodidade.

Con tal obxectivo, os traballos levados a cabo permitiron eliminar o nivel existente entre a estrada e as beirarrúas, substituír a capa de rodadura existente por aglomerado impreso. Ademais, o proxecto incluíu a mellora da iluminación coa execución dunha nova canalización eléctrica, a instalación de arquetas e o retranqueo das luminarias para realizar unha nova disposición ao tresbolillo así como a instalación de captafaros led nos pasos peonís.

Así mesmo acometeuse a renovación da rede de saneamento en ambas marxes da rúa, coa conexión das acometidas das augas fecais e as conexións á nova rede de drenaxe das baixantes dos tellados así como a instalación de sumidoiros e a separación da rede de augas pluviais da rede de saneamento.

As obras da terceira fase da avenida de Galicia tamén incluiron a instalación de novo mobiliario urbano (papeleiras, xardineiras e bancos) e a sinalización completa do tramo.

Os traballos, leváronse a cabo nunha das vías máis transitadas do pobo, tanto por vehículos como por peóns, e acometéronse en diferentes fases para evitar interromper o tráfico. A avenida de Galicia só se pechou ao tráfico, con vía alternativa habilitada, na ultima etapa da obra, para aglomerar e, desde o Concello agradecen “a comprensión e a paciencia da veciñanza e os/as comerciantes e hostaleiros/as, que foron os/as máis directamente afectados/as, polas molestias causadas”