Skip to main content
Actualidade

Cinco temporeiros dan positivo no gromo de Castro de Rei

Por 11 Agosto, 2020Sin comentarios

Cinco temporeiros deron positivo por coronavirus en Castro de Rei despois de que se detectase o primeiro caso, o dun traballadordo invernadoiro de Arneiro ao que se lle realizou a PCR o domingo pola tarde, segundo asegura o Sergas.

De momento, hai 50 persoas illadas as cales estiveron en contacto co caso positivo e que residen na mesma pensión de Castro Ribeiras de Lea, e os servizos sanitarios seguen a facer os PCR as persoas residentes no edificio.

O alcalde do Concello de Castro de Rei, Francisco Balado, comunicou que “se están a facer os test PCR a todos os traballadores do invernadoiro tralo gromo rexistrado onte”.

“Non creo que haxa un gran risco ou preocupación mentres non se saiban os resultados das probas”, dixo o alcalde, “non hai ningún motivo para alarmarse”.Ao principio da pandemia xa tivemos algúns casos na residencia e outros centros, polo que de momento non temos gran preocupación”, engadiu.

“Hai uns meses tivemos unha decena de positivos distribuídos entre as residencias de maiores e outros centros, polo que agora tamén poderemos remontar esta segunda fase”, indicou o rexedor de Castro, “os veciños xa están máis concienciados no uso da máscara”.

A empresa, Surexport, propietaria dos invernadoiros, ten unha planta de embalaxe no polígono de Castro e invernadoiros en Arneiro e produción en Pacios, no Concello de Begonte.