Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol subvenciona o material escolar ao alumnado de infantil

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

Este novo curso escolar que está a punto de comezar ven cheo de novidades, e para o alumnado do C.P.I. Doutor López Suárez de Friol trae unha a maiores, xa que o Concello acaba de aprobar unha axuda de carácter económico para os tres cursos do ciclo de infantil, unha medida que subvencionará ata o 50% do coste do material escolar que os nenos e nenas precisen para esta tempada escolar ,esta axuda ten como finalidade colaborar coas familias do municipio na compra de material conseguindo minimizar o desembolso económico que cada familia ten que facer nestas datas co comezo de período escolar.

O Equipo de Goberno dirixido por Jose Á. Santos considera necesario investir nos máis novos do pobo, polo que se decidiu dar unhas axudas económicas directas a todos os nenos e nenas que cursen algún dos cursos de infantil no colexio público de Friol.

Para recibir estas axudas, as familias terán que presentar a solicitude nas oficinas do centro educativo, a partir do 15 de outubro, no modelo que se enviará ó domicilio de cada familia por correo postal.

Xunto coa solicitude deberán presentar tamén as facturas de ter comprado material escolar, sempre que sexa en establecementos sitos no propio municipio de Friol.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia de esta iniciativa “para seguir na liña de impulsar a natalidade e tamén para apoiar o comercio local xa que cremos que é un paso máis cara o obxectivo que perseguimos de aumentar a poboación e impulsar os negocios asentados de Friol a vez que contribuímos a aliviar os custes que cada familia que ten fillos en idade escolar debe facer fronte cando comeza o curso escolar”.