Skip to main content
Actualidade

Lugo chega case ao centenar de casos activos por coronavirus

Por 14 Agosto, 2020Sin comentarios

O brote rexistrado no Concello de Castro de Rei, concretamente en Castro Ribeiras de Lea, vinculado a un traballador dos invernadoiros mantense con seis casos positivos despois de realizar as probas PCR a todos os traballadores que residen na mesma pensión.

Ademais, fixéronse 140 PCR a traballadores do invernadoiro ou que puideron estar en contacto, as cales foron negativas.

Polo tanto, segue habendo medio centenar de persoas en corentena, por ser contactos máis estreitos cos positivos de Ribeiras de Lea.

Por outra banda, fai uns días tamén detectouse un novo gromo familiar en Cospeito e que acadaba a decena de contaxiados. Fontes informaron que foi tras unha comida familiar e que un dos positivos é unha traballadora do SAF, polo que as casas nas que traballa tamén se atopan en corentena.

​A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.053, 226 máis que onte, e deles, 99 son da provincia de Lugo.