Skip to main content
Actualidade

Hoxe entran en vigor as novas medidas covid-19

Por 17 Agosto, 2020Sin comentarios

O Ministerio de Sanidade e as Comunidades Autónomas adoptaron unanimemente 11 medidas de obrigado cumprimento en todo o país para actuar en espazos onde están a producir máis gromos:

  • BARES, DISCOTECAS E RESTAURANTES:
    • Peche dos establecementos de lecer nocturno
    • Hostalería: distancia entre mesas e limitación de 10 comensais/mesa. Peche á 1 am.
  • VÍA PÚBLICA:
    • Prohibición de fumar na vía pública se non se pode manter a distancia de 2 metros
    • Intensificar controis contra consumo de alcol por parte de grupos na vía pública.
  • RESIDENCIAS DE MAIORES E CENTROS SOCIO-SANITARIOS:
    • Realización PCR a novos ingresos, empregados que volvan de vacacións e novos traballadores.
    • Límite de visitas a residentes: unha ao día, 1 h, e graduadas.
    • Limitar ao máximo as saídas dos residentes
  • CRIBADOS:
    • Realización de cribados PCR onde poida expandirse a transmisión (barrios, edificios onde se detecten) e poboacións de risco.
  • EVENTOS CON PÚBLICO:
    • As CCAA deben realizar unha avaliación de risco para cada evento, antes de poder autorizalo expresamente.
  • OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
    • Evitar encontros con persoas non conviventes.
    • Se os hai, máx 10 persoas.
    • Cribados de PCR periódicos en residencias
    • Dispoñer de medios e capacidades de detección e vixilancia por parte das CCAA