Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ourol fará obras de mellora de vías en varias parroquias

Por 5 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Ourol informou que trala execución do Plan Único do 2019 van “a executar a baixa en actuacións en varias parroquias”. O alcalde Jose Luis Pajón di que “estes cartos ascenden a arredor de 49.000 euros”.

Estas obras serán nas parroquia de Merille, Bravos, Xeriz e Miñotos e consistirán no arranxo de vías, asfaltado e acondicionamento de cunetas.  Dende o Concello din que “prevén adxudicar estas obras a mediados do mes de agosto”.

Por outra banda, van adxudicar os cartos do plan Agader en melloras en vías que teñen accesos a parcelas onde hai haxa unha explotación gandeira ou agrícola, neste caso a actuación farase na parroquia de Sixto. O alcalde di que o prazo de presentación xa rematou e que esperan acometela canto antes”.