Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE de Abadín presenta unha moción para solicitar á Xunta a mellora do servizo de pediatría

Por 19 Agosto, 2020Sin comentarios

Os socialistas de Abadín presentaron unha moción na que solicitan accións para a defensa do servizo de pediatría no Concello.

Nesta moción, que presentan para debatirse no próximo Pleno, piden unha declaración institucional para acadar “un servizo pediátrico de calidade”.

Ademais, o PSOE pide que se presione para contar con varias medidas, entre as que figura un profesional especialista, ampliar a asistencia pediátrica, asegurar a substitución do médico cando este non estea, que se lles permita solicitar cita telefónica ou por interte e que se faga publicidade destas medidas.

Esta moción presétase traslas numerosas queixas que se fixeron chegar dende hai un ano polo funcionamento do servizo de pediatría. Actualmente a médico que atente, que non é pediatra, vai a Abadín un só día á semana e atende de dee 9 a 11 horas.