Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organiza unha xornada de astronomía na noite do 13 ao 14 de agosto

Por 3 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza unha xornada sobre astronomía na noite do 13 ao 14 de agosto. A actividade, que se levará a cabo de 21.00 a 01.00 horas desde Pedrafita, estará dirixida por Moisés Lameiro.

Moisés é o presidente da Asociación Astronómica Cova da Serpe e tamén foi durante varios anos redactor da revista AstronomíA (antiga Tribuna de Astronomía e Universo), ademais de ser un dos organizadores da primeira edición de Astrogalicia. 

A saída está programada para as 21 horas desde o campo da feira de Guitiriz. Desde alí os participantes trasladaranse ata a área recreativa de Parga para cear o que cada un trouxera da casa. Rematada a cea, Moisés Lameiros falará sobre as estrelas, cometas… Despois, desprazamento a Pedrafita desde onde se fará a observación estelar, facendo especial fincapé na estrela ‘Rosalía de Castro’ e nas Bágoas de San Lourenzo’. É obrigatorio acudir con máscara e aconséllase levar unha esterilla e prismáticos. 

As prazas para asistir son limitadas polo que os interesados ou interesadas deben facer reserva previa, de xeito presencial no Concello ou a través do teléfono 982 37 01 09.