Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz ofrece dous espectáculos familiares esta fin de semana

Por 20 Agosto, 2020Sin comentarios

Esta fin de semana, o Concello de Guitiriz acolle dúas actuacións para os máis pequenos da casa.

O venres 21 de agosto ás 19.00 horas no CIT de Parga terá lugar o espectáculo Cores, contos e Rock&Roll Pakolas, coa colaboración de Laura Romero. As prazas son limitadas e a entrada deberá facerse con 30 minutos antes do comezo do espectáculo.

Un día despois, o sábado 22 de agosto ás 19.00 horas no Campo Feira de Guitiriz levarase a cabo Crunch!, un espectáculo de MUU.

Ambos espectáculos celebraranse garantindo as condicións sanitarias obrigatorias, control de aforo e desinfección á entrada.