Skip to main content
Actualidade

As auxiliares de Endesa maniféstanse mañá en Santiago

Por 2 Setembro, 2020Sin comentarios

Os sindicatos UGT, CC.OO. e CIG convocaron para mañá, 3 de setembro, unha nova concentración para esixir un futuro para a industria auxiliar térmica das Pontes, amenazada polo peche da central de Endesa.

A cita está prevista para as 17.00 e as 19.00 horas fronte ao Parlamento galego, e ten como obxectivo visibilizar o conflito que atravesan os traballadores das subcontreatas de Endesa.