Skip to main content
Actualidade

As Pontes pon en marcha o Plan Vive para axudar ás pemes e autónomos

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes de García Rodríguez, activou o Plan Vive, unha ferramenta para ofrecer axuda ás pemes e autónomos con obxecto de facilitarlles a resolución de dúbidas e achegarlles asesoramento, consultoría e información sobre diversos temas, fundamentalmente relacionados coas necesidades de investimento e financiamento e coa reestruturación dos recursos humanos.

Trátase dun servizo posto en marcha polo Consistorio, dentro do alcance de Invest in Cities, a maior iniciativa de atracción de investimento a cidades españolas na que, xunto co Concello das Pontes, participan unha vintena ce municipios.

Coa prestación deste servizo, o Concello axudará ás pemes, micropemes e autónomos do municipio para afrontar a crise desencadeada pola pandemia evitando así, na medida do posible, o cesamento definitivo da súa actividade.

Nese sentido, Ana Pena, responsible da área de Industria e Emprego, apunta que “Nese sentido, Ana Pena, responsible da área de Industria e Emprego, apunta que “este programa suporá unha oportunidade para axudar ás firmas locais a atravesar a difícil situación económicoa e laboral que estamos a vivir a través de asesoramento personalizado en áreas específicas como a financieira, laboral ou socioeconómica. As firmas participantes terán á súa disposición dun equipo de persoas expertas para axudarlles na reestructuración dos RR.HH (ERTEs/Es),ofrecerlles aseseorameto para a consecución de financiamento público (subvencións e axudas) así como prestarlles axuda na consecución de fondos e investimento privado.”

Para iso, o ente local pon ao dispor das empresas do territorio, de maneira gratuíta, a un equipo multidisciplinar de consultores do Grupo PGS. O acceso ao servizo está operativo a través do banner situado na páxina web do Consistorio www.aspontes.org.