Skip to main content
ActualidadeMeira

O Concello de Meira licita a primera fase da traída de A Corota e A Louseira

Por 7 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira vén de informar que destinará 77.315,02 euros á realización da primeira fase da rede de abastecemento
de auga nos lugares da Corota e A Louseira.

O orzamento da licitación, con cargo ao plan único da Deputación de Lugo, inclúe 13.418,31 euros en concepto de IVE e teñen un prazo de execución de tres meses.

As actuacións consistirán na captación e búsqueda do manantial e a condución do mesmo, así como, a construción dun depósito  cun equipo de dosificación de lixivia para a desinfección das augas para o consumo humano e a creación da rede de distribución e as acometidas.

As empresas interesadas en facer estes traballo poden presentar as súas ofertas antes do día 21 de setembro no rexistro xeral do Concello en horario de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O proxecto e as claúsulas poden consultarse na páxina web do Concello meirego.