Skip to main content
Actualidade

Suspenden a celebración da Cita coa Historia das Pontes

Por 11 Setembro, 2020Outubro 1st, 2020Sin comentarios

Outras das vítimas da covid-19 deste ano sería a VII Cita coa Historia das Pontes, que tiña previsto celebrarse a mediados deste mes e que este ano non poderá celebrarse como vén pasando co resto de actividades previstas con asistencia masiva.

Dende a organización, a cargo da Asociación Lembranza da Vila, comunican que “agardamos que todo isto pase o máis axiña posible e que todos estedes ben, para que en setembro de 2021 poidamos celebrar como se merece unha nova edición desta nosa festa”.