Skip to main content
Actualidade

Xurxo Iglesias, un virtuoso da corda

Por 17 Setembro, 2020Sin comentarios

Xurxo Iglesias, pontés de acollida e moi vinculado á Terra Chá, pois seus pais son de Momán, no Concello de Xermade.

É un virtuoso dos instrumentos de corda pero o principal é a guitarra, ademáis da mandolina, bouzouki, baixo, etc.

O seu primeiro disco leva por título Alpha, “é a primeira letra do alfabeto grego pero tamén representa o comenzo de algo, o primeiro paso dunha traxectoria discográfica pero tamén un resumo dos coñecementos e experiencias desde os seus comenzos musicais ata o presente”, explica.

Xurxo ademais de ser músico profesional no grupo que formou para a posta en escena de Alpha ten un dúo de música clásica e compaxina a actividade concertística coa docencia pois é un estupendo mestre de guitarra na Escola de Música de Ortigueira (EMCO).

A súa aventura musical comezou aos dezaseis anos, “apúnteime á Rondalla Vila de As Pontes onde aprendín a tocar a guitarra”, di Iglesias.

“A verdade é que na niña familia non hai ninguén que se adique á música nin que toque algún instrumento. Non tiven esa influencia. Foi casi espontáneo”, engade, “gostábame moito a música, pero tamén tiña o desexo de tocar algún instrumento. Cando toquei as primeiras notas na guitarra foi amor a primeira vista”.

Máis tarde, xa un pouco máis maior, fixo as probas para acceder ao Conservatorio e así unha longa traxectoria ata rematar a carreira de Música, a súa paixón.

Tamén lembra aquelas primeiras ocasións en que se xuntaban para tocar con moito agarimo pois “tocar en grupo era una experiencia diferente a tocar só. Chamábame a atención a sensación que producía sumar varios instrumentos á vez e dar como resultado algo maravilloso, máis que a suma das partes por separado. Era outra forma de socializar, de transmitir una mensaxe sen palabras, só con música”, di Xurxo.

Por outra banda, lembra entre risas que acudiu a unhas clases de frauta que impartían no mesmo colexio polas tardes, pero como paso previo a tocar a gaita, un instrumento que nunca chegou a tocar.

As súas composicións musicais son propias, “todas as pezas do disco agás unha son composicións miñas”. Nas súas obras intenta reflectir todas as influencias que lle marcaron, desde as músicas étnicas europeas, especialmente as dos Balcáns, Asia Menor ou Marrocos, ata o jazz, música celta e por suposto a música clásica.

A primeira actuación diante de público foi coa Rondalla, no cine Alovi das Pontes, aos poucos meses de comezar a súa andaina musical. “Estaba emocionado e un pouco nervioso, e iso que era un máis dentro dun grupo duns cuarenta…pero moi ilusionado por esa experiencia”.

Agora  neste tempo incerto de crise sanitaria e corentenas que estamos a sufrir, “o tema dos concertos está un pouco parado, pero ainda así teño programados varios concertos co dúo Luz e norte onde facemos un repertorio a dúas guitarras e guitarra e mandolina”.

O concerto máis emotivo que ten na súa memoria foi o de presentación do seu CD Alpha xa que foi na súa vila, en xuño do 2019, “cun Alovi cheo, onde puiden ensinar aos meus veciños o traballo de varios anos”.