Skip to main content
Actualidade

O PSOE de Outeiro critica a descoordinación da Xunta no inicio do curso escolar

Por 14 Setembro, 2020Sin comentarios

Voceira do PSOE en Outeiro de Rei, Carmen Acacio criticou a falla de planificación e a descoordinación da Xunta no inicio do curso escolar do Ceip Laverde Ruíz, xa que non poder abrir o comedor escolar.

Acacio remarca que non houbo ningún tipo de colaboración por parte de Educación para solventar estes problemas, que afectan a moitas familias no concello. “Non comprendemos como se pode xogar con algo tan importante e básico para a conciliación familiar como é un comedor escolar”, dixo.

A Voceira Socialista advirte que a Xunta de Feijóo “non puxo enriba da mesa ningunha medida para resolvelo con antelación, só se adican a dar ordenes”. E insistiu nas súas criticas, “se a Xunta pide medidas extraordinarias fronte á Covid-19, tamén sería convinte que estas medidas viñesen apoiadas con orzamentos, con máis persoal e sobre todo co apoio da administración competente, que neste caso actúa como un mero espectador”, espetou.

Así as cousas, Acacio amosa o seu total apoio á Directiva deste centro educativo. “Non se pode deixar de lado a unha directiva escolar ante este curso tan atípico como este que nós tocou vivir. Estes acontecementos evidencian que a Consellería de Educación non está á altura das circunstancias, e non comprendemos como se puido chegar ata aquí tendo todas as ferramentas nas súas mans para impedilo”.

Por último afirma que “a comunidade educativa precisa de seguridade ante a situación actual, e as institucións publicas, neste caso a Consellería de Educación, debería ser a primeira en sentirse obrigadas á xerala. Merecemos unhas educación pública e de calidade, non podemos deixar desamparados aos estudantes e as súas familias. Podedes contar con nós para seguir loitando polo voso futuro”, resumiu.