Skip to main content
Actualidade

Continúan á baixa os casos activos e novos contaxios na provincia

Por 16 Setembro, 2020Sin comentarios

A situación do virus na provincia de Lugo continúa mellorando e na xornada deste mércores rexistráronse 15 casos novos mentres os casos activos continúan baixando ata os 781. Do mesmo xeito continúan aumentando as altas que xa son 1994, 23 máis que na xornada anterior.

A presión hospitalaria mantense nos 61 ingresos, 4 en UCI e 57 en planta, 1 na Mariña, 2 en Monforte, 16 no Polusa e o resto no Hula.

Por outra banda, houbo que lamentar un novo falecemento e xa son 68 o total rexistrado na provincia dende o inicio da pandemia.

Os gromos detectados na provincia de Lugo xa están controlados, aínda que seguen causando víctimas mortais nas residencias do Incio e Outeiro de Rei e de feito unha ampla maioría dos ingresos no Hula corresponden aos maiores afectados destes dous centros. O máis grande, o do pub de Lugo, segue ofrecendo novos positivos pero moitos menos e sempre vinculados entre eles.

Tamén detectouse un novo gromo en Rinlo e en dúas empresas de Lugo.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322 deles 1.237 son da área da Coruña, 781 da de Lugo, 500 da de Ourense, 577 da de Pontevedra, 387 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 181 da de Ferrol. Son 21 casos máis con crecemento negativo agás en Pontevedra e Vigo.

Baixa a presión hospitalaria xa que do total de pacientes positivos, 29 están en UCI (1 menos que conte), 211 en unidades de hospitalización (9 menos) e 4.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas curadas (178 máis), rexistrándose 696 falecementos (2 máis).

No tocante ás residencias hai 254 usuarios afectados (1 menos) e 105 profesionais (4 máis).