Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Retoman este domingo as rutas en Friol parroquia por parroquia

Por 24 Setembro, 2020Sin comentarios

A asociación Carballo Vivo de Friol retomará o programa Friol parroquia a parroquia este domingo 27 de setembro coa realización dunha ruta por Santalla.

A saída á mesma terá lugar ás 9.30 horas dende a praza da capitalidade en coche ata o lugar de inicio da ruta.

O percorrido terá unha duración de 13 quilómetros e a organización prevé rematala sobre as 14.00 horas.

A organización recomenda usar calzado cómodo e impermeable, roupa deportiva e vara.

Este proxecto ten como obxectivo percorrer o municipio parroquia por parroquia enlazando os diversos puntos singulares (históricos, culturais, etnográficos, patrimoniais…).

Tamén se aproveitará o percorrido para facer unha reportaxe gráfica e recoller historias e lendas contadas pola xente do lugar que, posteriormente, estarán dispoñibles no blog Algo máis que pan e queixo.