Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Representación para nenos de 'O Coelliño Branco' en Riotorto

Por 22 Setembro, 2020Sin comentarios

O salón de actos do centro sociocultural Avelino Díaz acollerá mañá, 23 de setembro, ás 18.30 horas, a representación do conto O Coelleiño Branco.

O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.
Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes, fan parte desta actividade de animación á lectura da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.