Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os populares de Ribadeo insisten na limpeza e desinfección das rúas e contedores

Por 17 Setembro, 2020Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, volve pedir ao goberno local do BNG unha planificación para a limpeza e desinfección das rúas, espazos públicos e contedores en Ribadeo.

Sierra subliña que “estas tarefas de limpeza e desinfección son aínda máis importantes agora no tempo da covid” e por iso insiste en pedir “unha planificación para a limpeza de Ribadeo que ata agora é inexistente por parte do goberno municipal”.

A popular explica que “temos que insistir unha vez máis sobre este asunto porque ata agora non houbo unha programación seria de cara a manter limpo o noso concello”. É máis, “os contedores seguen cheos de moscas e desprendendo mal olor e as rúas tamén se atopan moi sucias”.

Malos olores e mala imaxe durante o verán

A popular xa denunciara o pasado mes de agosto o estado de sucidade das rúas do centro da vila especialmente durante as fins de semana e tamén trasladara as  queixas de veciños e comerciantes ante os malos olores que teñen que soportar a diario e a mala imaxe que isto supón da vila de cara aos seus visitantes.