Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os socialistas reclaman o arranxo da estrada LU-741 ao seu paso pola Pontenova

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

Os socialistas reclaman no Parlamento arranxar de forma urxente os 5 km da LU-741, no Concello da Pontenova, (un vial que une este Concello coa Fonsagrada, e que enlaza coa LU-P-1904), de xeito que sexa segura para todos os usuarios que utilizan esta vía de comunicación.

Así o avanzou a secretaria Provincial do PSdeG-PSOE e Deputada Autonómica, Patricia Otero, tras visitar co Alcalde da Pontenova, Darío Campos este trazado, e no que tamén participaron os concelleiros Francisco Martínez e Isabel Couto. “É urxente que se arranxen eses 5 km da estrada autonómica LU-741 no termo municipal da Pontenova, porque ademais de ser perigoso para os usuarios prexudica a actividade diaria das empresas asentadas nesta zona”, remarcou.

A deputada Autonómica sinala na proposta “que apoiar ao rural precisa de investimentos que permitan desenvolver a súa economía e que permitan tamén fixar poboación”. Por iso explica na moción que “é fundamental o arranxo dos 5 Km da LU-741, de competencia autonómica, na Pontenova e que une co Concello da Fonsagrada, xa que sería un impulso importante para as empresas que radican na zona, máis necesario agora se cabe pola crise producida pola covid-19, e ademais melloraría a seguridade da estrada”.

Así as cousas advirte que “este treito presenta unha grave deterioración no firme, unha situación que empeorou nos últimos anos. Na zona hai varias empresas con moita actividade diaria, e a mala situación desta estrada, prexudica, polo tanto, a economía do Concello da Pontenova”.

A voceira de Infraestruturas do PSdeG explica que realizar os arranxos nesta estrada amosaría un compromiso real cos veciños e veciñas da Pontenova por parte do goberno de Feijóo. Nesa liña puxo en valor o “compromiso da Deputación de Lugo, que no ano 2018, fixo os arranxos necesarios na estrada LU-P-1904 que une A Pontenova coa Fonsagrada, que melloraron considerablemente as condición de seguridade nesta estrada”,  resumiu.