Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os concellos instan a Alcoa a facilitar a venda

Por 25 Setembro, 2020Sin comentarios

Os alcaldes da Mariña Lucense fixeron onte, xoves 24 de setembro, un encontro conxunto diante da fábrica cervense no que expuxeron a súa postura común de facilitar a venda da factoría.

Pediron a Alcoa “que cheguen a un acordo para a venda da planta de aluminio” e “pedimos que busquen un pacto nos poucos días que faltan”.

Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, expuso as súas inquedanzas sobre o “sofrimento continuado dos traballadores nestos meses e ante o temor de retomar o ERE o luns. Tamén pedimos a Alcoa a que, despois de anos beneficiándose desta comarca e con moitas axudas por parte das administracións, facilite a venda como a única saída”.

A alcadesa de Barreiros, Ana Ermida, tamén quixo trasladar o seu apoio aos traballadores da factoría e das auxiliares, e sinalou que “non se trata só dun problema laboral, senón tamén social, económico e demográfico na comarca e que afectaría a toda a comarca ata a súa morte paulatina”.

Pola súa banda, Fran Cajoto, alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade dixo que “non cre que A Mariña poda precindir dunha fonte de emprego estable como é Alcoa e como queremos que sexa Liberty”.

Ademais, falaron do papel das administracións e instaron no nome dos concellos da Mariña lucense que “Xunta e Goberno central poñan todos os medios ao seu alcance”.

Á reunión asistiron Jesús Novo, alcalde do Vicedo; María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; Julia Barcia, tenente de alcaldesa de Trabada; Alfonso Villares, alcalde de Cervo; José Luis Pajón, rexedor de Ourol; Jorge Val, rexedor de Alfoz; e Manolo Otero, primeiro edil de Mondoñedo.

Desde hoxe e ata o domingo seguirán as accións protesta para intentar exercer a maior presión posible nestes últimos días do proceso, e o domingo está convocada unha marcha en Xove, desde a estación ata a praza do Concello.

Pola súa banda, Alcoa citou para o luns 28 de setembro aos sindicatos en Madrid no caso de que a venda fracase, para así comezar a negociar o ERE ou ERTE.

Esta cita provocou malestar entre os sindicalistas, primeiramente pola urxencia e porque sexa en Madrid xa que a situación sanitaria na capital non é a mellor.

O prazo para alcanzar un acordo remata o domingo 27 e de non frutificar esta operación retomarían o período de consultas do despedimento colectivo ao día seguinte.

UGT

A UGT informou de que “non recoñece o período de consultas de seis semanas aberto por Alcoa para o proceso de negociación relativo á fábrica de San Cibrao e polo tanto tampouco a finalización do mesmo”, este domingo -día 27 de setembro-, porque “a empresa nunca tivo intención de vender” a factoría de aluminio primario.

“O que fixo Alcoa foi enganar a todos os traballadores da factoría, facéndolles crer que estaba aberta a unha posible venda, pero a realidade era outra”, di o sindicato nun comunicado.

Ao seu xuízo, “Alcoa nunca pensou en vender, senón que se viu condicionada polas administracións, tanto pola central como pola Xunta de Galicia, porque hai un comprador viable”.

MOBILIZACIÓNS.

Os traballadores de Alcoa seguen coas súas manifestacións sorpresa, nesta ocasión cortaron este venres ao mediodía a estrada N-642 no alto do Castelo, en Cervo, para esixir a venda da fábrica.

Ademais, algúns dos participantes encadeáronseen simbolo de protesta e escoitáronse as consignas habituais nas protestas dos traballadores de Alcoa.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, dixo que “esta convocatoria por parte de Alcoa reflicte a desvergoña personificada, porque ata o día de hoxe non se celebrou ningunha reunión en Madrid”.