Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha empresa da Pontenova recibe axudas para mellorar a eficiencia enerxética

Por 29 Setembro, 2020Sin comentarios

A Xunta de Galicia aprobou axudas por importe global de preto de 250.000 euros (249.563 euros) para dez empresas lucenses co fin de colaborar no desenvolvemento de actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

Este programa de axudas da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación está destinado aos sectores industrial e de servizos e persegue un dobre obxectivo: utilizar o aforro enerxético como instrumento para a mellora da competitividade e o fomento do emprego, e impulsar unha xestión empresarial sustentable dende o punto de vista medioambiental.

En concreto, na provincia de Lugo destina 78.700 euros a apoiar nove proxectos de seis empresas do sector servizos e 167.500 euros ás iniciativas de tres industrias; cinco deles desenvólvense no concello da capital, e os restantes en Palas de Rei, Portomarín, A Pontenova, Monterroso, Guitiriz, Vilalba e Baralla.

As axudas rondan o 50% do investimento e entre as propostas que se financian destacan os cambios nos sistemas de iluminación e de caldeiras, así como doutro equipamento. Tamén se achegan 3.365 euros á realización dunha auditoría enerxética nunha industria agroalimentaria do concello de Antas de Ulla. Neste caso, a medida consiste nunha análise integral do proceso produtivo do centro de traballo para definir propostas de aforro.

Esta liña de apoios está xestionada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) dentro do impulso ás iniciativas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia.