Skip to main content
AbadínActualidade

Abadín inviste preto de 70.000 euros na mellora de camiños

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Abadín asinou coa empresa Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo un contrato de acondicionamento de camiños municipais que se executará ao abeiro do plan de mellora de accesos a parcelas agrícolas 2020-2021.

As actuacións suporán o acondicionamento dunha pista en Ratoeira, Labrada; un camiño en Gontán, Quende; e un quilómetro de vía que pasa por A Pedreira, en Castromaior, así como os tres ramais desta estrada que dan acceso a varias fincas. As obras executaranse con aglomerado en quente.

Este proxecto foi adxudicado por un total de 67.571,24 euros dos que a Consellería de Medio Rural concede unha axuda de 60.700 euros, repartida en dúas anualidades, mentres que o Concello de Abadín asumirá o restante que ascende a 12.747 euros.