Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte feminino ascende a Preferente e presenta o seu equipo

Por 7 Setembro, 2020Sin comentarios

O equipo sénior feminino do Concello de Begonte recibiu xa a noticiación de ascenso e disputará a próxima tempada na liga Preferente Galicia logo de coller a praza do desaparecido Monterroso FSF.

Non cabe dúbida de que será un paso adiante para o equipo e para club, que permitirá medrar e seguir formándose a un conxunto que renova adestrador, Suso, e que se mantén na mesma liña.

Ademais, tamén renova a maior parte do seu equipo. Desde xeito estarán un ano máis pero cunha meta maior as capitanas Uxía e Sheila, as porteiras Sonia e Alba Cruz ou xogadoras como Alba Torres, Nerea, Laura, Jenny, Aroa e Ruth.

Non xogará este ano Noa, que estará no estranxeiro por motivos académicos. Tamén cauxa baixa Ana, que pasa a formar parte das filas do FSF Castro de Segunda División.

Pola súa banda, regresa ao club Noemí, procedente do ADC San Xoán de Guitiriz, club que este ano non contará con equipo feminino, e Alicia, que xa adestrou o ano pasado co Begonte. Tamén do San Xoán incorpórase Ainara.

Adrián Varela, que xa fora porteiro do equipo masculino, regresa ao club para formar parte do corpo técnico no proxecto de Preferente Galicia Feminina do Concello de Begonte FS como auxiliar.