Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz recupera o servizo de atención psicolóxica

Por 12 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz recupera o servizo de atención psicolóxica.

O horario de atención a aquelas persoas que precisen facer uso desta axuda será os luns e martes de 8.30 a 13.30 horas e de 15 a 19 horas; e os mércores de 8.30 a 13.30 horas.

O lugar deste servizo será na Casa Habanera.

O programa no que se inclúe o servizo municipal de psicoloxía recolle, entre moitos dos seus obxectivos, millorar a situación persoal das mulleres vítimas e daquelas en situación similar, ademais da intervención e a atención ás persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade.